Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de galicia como nación cultural no século xx. a idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico. a partir de fontes ata agora pouco empregadas, nomeadamente epistolares, reconstrúense algunhas biografías intelectuais e analízase a fundación de grupos e institucións culturais, prestando especial atención ás relacións entre os núcleos de oposición no interior peninsular e co exilio americano. dúas figuras, luís seoane e ramón piñeiro, encarnan os dous polos desas relacións, con disensos que non foron rupturas, entre os heroes calados do interior e os emigrantes dun país soñado, desde o exilio. alén de ofrecer algunhas análises sobre a xestión da cultura, este libro axuda a entender a galicia actual, en perspectiva comparada e nun contexto europeo e americano.
