Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de pedro teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella vila. nesta novela xavier alcalá conta o que puido ter acontecido en calquera vila galega durante os anos do desarrollismo e o que pode acontecer na nosa incansable historia de eucaliptos, celulosa e papel.
