Este é o segundo caderno dos seis que forman a colección matemola, dirixida aos alumnos de educación infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico matemático. neste caderno incoroporamos o número tres, ampliando deste xeito, e de maneira progresiva, o traballo da serie numérica así como a adquisición da noción de cantidade. para tratar doutro xeito esta noción, establecemos cuantificacións globais de conxuntos de obxectos (poucos moitos) e introducimos outro tipo de cuantificador (tantos como/a), que lle esixe ao neno establecer correspondencias. no tocante ás actividades de lóxica, seguimos a propoñer seriacións e clasificacións a partir de criterios facilmente perceptibles, tales como a forma, a cor e o tamaño; ademais, neste caderno, engadimos cores novas (negra, branca e rosa) e unha forma xeométrica tamén nova (o triángulo). non obstante, seguiremos a traballar o cadrado e mais o círculo, de maneira que o neno vaia afianzando e relacionando o nome de cada forma co seu correspondente trazo, e que sexa capaz de distinguir unha forma da outra a partir de debuxos ou de obxectos reais. continuamos ampliando o desenvolvemento espacial a través das nocións (enriba debaixo; lonxe preto), presentando sempre obxectos e situacións que sexan coñecidas polo neno. así mesmo traballamos as medidas do tempo (amodo á presa) e as de capacidade (cheo baleiro); dámoslle especial importancia á capacidade de observación e de análise do seu medio. para rematar, presentamos un xogo de repasar, xeito lúdico, os principais contidos matemáticos que se desenvolveron ao longo do caderno.
