Este é o resultado dun novidoso experimento: escribir diariamente durante cincuenta días un conto a partir das propostas dos usuarios de internet. polo día os lectores enviaban unha parella de palabras, das que se elixía unha proposta e pola noite o autor tiña que escribir un conto que incluíse as verbas escolleitas. por conto alleo é, pois, o resultado dun xogo metaliterario, irónico e extraordinariamente divertido, sobre o papel dos escritores e dos lectores. roles inamovibles desde hai séculos e que, coa aparición da internet, o autor propón modificar.
