Este é o regreso de manuel guede a un lugar que é máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chamado ourense. a néboa é a celebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con contra serenou, continuada en 2000 con as doce e sereno e que agora conclúe sabendo xa que é nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde onde se axitan os desconcertos e se intenta poñerlle nome ás vidas perdidas entre a ironía e a desolación. este libro trata sobre a aprendizaxe de como vivir derrotado e de como o fracaso forma parte dunha nosa identidade nacional.
