Este libro consta de oito contos. a súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. unha chave non é suficiente é o que abre o libro. nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que se duplica calquera chave, con ou sen mostra . o caso do unicornio azul conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. vanesa e o anuncio da televisión conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. un artista de neón : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ un vampiro pode se lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato o caso do estraño empregado ? spíderman ou o home lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en ser superheroe non é doado e noites de lúa chea . o libro das infinitas historias , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
